RSS

Enquisa

¿Que valoración lle daría a feira preventiva 2006?







Imprimir

PREVENTIVA 2006

Presentación

Nos días 10, 11 e 12 de Febreiro, Ribeira acolleu a segunda edicición da Feira Preventiva promovida polo Centro Empresarial da Construcción do Barbanza,

Esta segunda feira, mantendo a liña da anterior, prentendeu difundir unha cultura de prevención. Así, amosando distintos medios técnicos, materiais e humanos, pretendeu servir de ferramenta para a mellora da seguridade e da saúde laborais na comarca do Barbanza. Un ano máis, o evento foi un punto de encontro e debate no que se abordaron aspectos relativos á prevención de riscos laborais, da man dos diversos profesionais relacionados directamente con este eido.

O obxectivo principal desta feira consistiu en divulgar e facilitar o coñecemento e a aplicación das distintas técnicas preventivas nas empresas, coa finalidade de fomentar a implantación dunha auténtica cultura de prevención no ámbito laboral, como instrumento imprescindible na mellora das condicións do traballo.

Obxectivo preventiva

Preventiva 2006 mantivo o obxetivo de ofrecer unha ampla mostra das últimas tendencias en materia de prevención, protección, seguridade e saúde laborais a todas as empresas e profesionais relacionados co mundo da construción e os diferentes sectores que a compoñen.

O Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, quere que as empresas que integran o centro sexan conscientes da importancia da seguridade e da saúde dos seus traballadores.

O sector da construción é un dos máis afectados pola sinistralidade laboral, para iso en preventiva 2006 buscamos lograr que institucións, empresas, fabricantes de equipos (epis), mútuas de accidentes e servizos de prevención implicados no desenvolvemento da cultura preventiva se unisen na segunda en dito acontecemento para difundir os últimos avances nesta materia e a súa experiencia en diferentes ámbitos.

No Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, situamos á prevención como o factor esencial en tódolos centros de traballo. Por iso, dende a nosa entidade perseguimos unha implantación efectiva dunha cultura preventiva que se acada formando nesta materia non só ós empresarios e traballadores, senón tamén, ós mozos que posteriormente se integren no mercado laboral.

Mediante a exposición de vídeos, obradoiros de prevención e a información subministrada nos diferentes expositores desta edición da Feira Preventiva, os asistentes puideron coñeceder de primeira man o funcionamento e a eficacia dos últimos avances en prevención Así, os stands das diferentes compañías convertéronse durante unhas horas en espazos de probas, ensaios de instrumentos, materiais e servizos da prevención.

Xornadas Técnicas

Programa do venres 10 de febreiro

11:00 a 13:00 horas, Acto de inauguración da feira

Ponentes:

  • Excmo. Conselleiro de Traballo
  • D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez
  • Ilmo. Sr. D. Jose Luis Torres Colomer
  • Alcalde do Concello de Ribeira
  • Presidente do CECB
  • D. Jesús Lojo Alcalde
  • Presidente da Cámara de Comercio
  • D. Jesús Asorey.
  • Presidente de Apecco Coruña.
  • D. Antón Arias Díaz-Eimil.

12:00 A 13:30 horas, Conferencia

Reforma da Lei de Prevención. Real Decreto 54/ 2003

Presentan a Conferencia:

  • Jesús Asorey, Presidente da Cámara de Santiago
  • Jesús Lojo, Presidente do CECB

Ponentes:

  • Xefe Sección Seguridade e Saúde Laboral
  • D. Fco. Javier Nores Quesada
  • Representante Sindicatos
  • Representante Técnico de mútua
  • Representante do Servicio de prevención alleo

17:00 A 18:30 horas, Conferencia

Transposición da Directiva 2003/10 CE. 

Vixilancia da saúde e exposición o ruido.

Ponentes:

  • Médico especialista en mediciña do traballo.
  • Representante de Prevención.
  • D. José Manuel Blanco Montero, Enxeñeiro Técnico Industrial.

18:00 a 19:00 horas Taller de extinción de incendios

A cargo:

  • Servizo Contraincendios do Concello de Ribeira.
  • Protección Civil.
  • Cruz Vermella.

Programa sabado 11 de febreiro

12:00 A 13:30 horas, Conferencia

Responsabilidades na subcontratación e coordinacion de actividades no sector da construción.

Ponentes:

  • Profesional Inspección de Traballo.
  • Profesional da rama do Dereito Laboral.
  • Representante dos Empresarios.
  • Representante dos Traballadores.
  • Representante dos Sindicatos.

18:00 A 19:00 horas Obradoiro.

Montaxe de Andamios con Elementos Prefabricados.

Domingo 12 de febreiro

11:00 horas  Acto de Clausura do II Salón de Preventiva.

Presidido polo Presidente da Diputación, D. Salvador Fernández Moreda

12:00 a 13:30 horas Taller de OBRADOIRO.

Traballos en altura. A cargo da empresa Turnauga

2008, CENTRO EMPRESARIAL DA CONSTRUCIÓN DO BARBANZA