RSS
Imprimir

ASOCIACIÓN

Benvidos

A nosa máis cordial benvida ó portal do CECB.

Dende o limiar deste portal informático do Centro Empresarial da Construcción do Barbanza "CECB", reciba o noso saúdo coa satisfacción de compartir estas páxinas con vostede. Nelas atopará información xunto coa actualidade dun sector que está a desenvolverse adaptándose ós novos avances técnicos con preparación e profesionalidade. Con esta rede inter-empresarial pretendemos artellar un dinamismo que harmonice a relación entre empresas, procurando ó mesmo tempo que sexa unha fiestra de comunicación con toda a xente interesada nuns coñecementos xerais e obxectivos sobre o sector da construción, achegando ademais os diversos servizos do CECB ós asociados.

Pretendemos que esta Web sexa tamén unha plataforma con imaxinación, onde ideas, iniciativas ou proxectos individuais axeitados acaden proxección, obtendo a oportunidade de realizarse.

No Centro Empresarial da Construcción  somos conscientes de que os camiños que levan ó futuro non acaban no horizonte.

Acompáñenos. 

 

Flash is required!
2008, CENTRO EMPRESARIAL DA CONSTRUCIÓN DO BARBANZA