RSS
Imprimir

PREVENCIÓN

O traballo constitúe na vida dos individuos un factor de vital importancia. Ademais de permitir ao asalariado articular economicamente a súa vida, desempeñar unha función nunha empresa axuda a incrementar a autoestima ó sentirse o individuo útil no tecido social. 

Desempeñar un posto de traballo significa formar parte de todo un entrañado de relacións socio-economicas que conforman as posibilidades vitais dos traballadores. Sen embargo, cando as condicións laborais son precarias, todos estes aspectos positivos esvaécense, de aí a gran necesidade da prevención, un dos principais obxectivos do CECB.

Entendemos por prevención o conxunto de tódalas medidas adoptadas en tódalas fases de actividade das empresas coa finalidade de evitar ou diminuír os ricos derivados do traballo.

Seguindo a exposición de motivos da Lei, 31/1995 de oito de novembro de Prevención de Riscos Laborais, podemos considerar que a esencia do que entendemos por prevención atópase en: "A protección do traballador fronte ós riscos laborais esixe unha actuación na empresa que desborda o mero cumprimento formal dun conxunto predeterminado, máis ou menos amplo, de deberes e obrigacións empresariais e, máis aínda, a simple corrección a posteriores situacións de risco xa manifestadas. A planificación da prevención dende o momento mesmo do deseño do proxecto empresarial, a inicial avaliación dos riscos laborais e a súa actualización periódica a medida que se alteren as circunstancias, a ordenación dun conxunto coherente y globalizador de medidas de acción preventiva adecuadas á natureza dos riscos detectados e o control da efectividade de ditas medidas constitúen os elementos básicos do novo enfoque na prevención de riscos laborais. E, xunto a elo, complétase coa información e a formación dos traballadores dirixidas a un mellor coñecemento tanto do alcance real dos riscos derivados do traballo como da forma de previr  e  evitalos, de maneira adaptada ás peculiaridades de cada centro de traballo, ás características das persoas que nel desenvolven a súa prestación laboral e a actividade concreta que realizan".

Dende o Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, comprometidos coa saúde laboral dos traballadores, ofrecemos a través desta páxina a oportunidade de que vostede consulte a información e lexislación de maior relevancia vixente en materia de PRL.

Se non encontra calquera aspecto da normativa que vostede desexa, póñase en contacto conosco ou consulte os seguintes links. www.issga.eswww.insht.es.

2008, CENTRO EMPRESARIAL DA CONSTRUCIÓN DO BARBANZA