
Organizada polo CECB coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Concello de Ribeira e a Cofraría de Pescadores San Pedro de Riveira.
Localizada no Porto de Ribeira, ó longo dos aproximadamente 1.000 metros cadrados de carpa, un total de corenta expositores ofreceron os seus materiais en materia de prevención de riscos laborais. Ademais habilitouse un espazo de 200 metros cadrados para a sala de conferencias onde tiveron lugar as distintas Xornadas Técnicas.
Estas consistiron na presentación e debate dos temas de máis actualidade en Seguridade e Saúde Laboral. Tal foi o caso da Lei de Subcontratación, destacando a súa aplicación no Convenio Colectivo da Construción, da formación preventiva e a súa acreditación a través do Carné Profesional; da responsabilidade dos autónomos, recursos preventivos e a súa responsabilidade ou da xestión da prevención aplicada á saúde, todos eles sempre orientados aos sectores da Construción e da Pesca.
Entre os relatores asistentes a estas conferencias, contouse con: representantes da Xunta de Galicia, Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, Fundación Laboral da Construción, Inspección de Traballo, Sindicatos, mutuas e representantes do sector empresarial, así como técnicos e profesionais do sector.
Preventiva 2008 foi a última edición celebrada atá o de agora no Malecón Ribeirense. Nesta ocasión, os asistentes puideron contemplar de forma conxunta as novidades en medios técnicos e humanos existentes para promover a seguridade e a prevención laboral na construción e na pesca, dignificando e profesionalizando estes sectores. Tras tres edicións, a Feira que promovemos dende o CECB foise consolidando con máis forza, dotando así á comarca do Barbanza dun envento de referencia nesta materia e primeiro de España en celebrarse conxuntamente para dous sectores moi castigados pola alta sinistralidade laboral.
A parte didáctico-lúdica chegou da man de actividades complementarias, como simulacros a cargo do Corpo de Bombeiros de Ribeira, da Cruz Vermella e de Protección Civil, e coa presenza dun autobús de educación infantil en Prevención de Riscos "Moito Ollo", en colaboración co Instituo Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Do mesmo xeito contouse coa presenza dunha Aula Móbil de Seguridade e Saúde da Fundación Laboral da Construción e dunha exposición do Corpo de Bombeiros co material preciso para actuar unha situación de crise.
O 28 de abril de 1969 tivo lugar unha explosión nunha mina de Farmington, ao oeste de Virxina, EE.UU, na que morreron 78 traballadores. O 28 de abril de 1996, durante a Sesión de Comisión das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible celebrada en New York, os sindicatos participaron nunha cerimonia especial á luz dunha vela, co obxecto de pór en relevo o número de traballadores mortos, vítimas de accidentes e de enfermidades a causa do traballo. A partir de entón, esta data pasou a ser recoñecida como o Día Mundial en Memoria das Vítimas de Enfermidades e Accidentes do Traballo, e a partir de 2001, a OIT institucionalizou o 28 de abril como día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo. España adoptou ese día como tal en 1999, converténdose no segundo país do mundo en recoñecer esta data.
Se quere obter máis información sobre preventiva 2008 pode descargar o dossier facendo clic aquí ou acceder directamente a páxina www.preventiva2008.es