RSS
Imprimir

NORMATIVA

O sector da construción vese en moitas ocasións afectado por irregularidades, sendo a competencia desleal a que xera maior descontento e preocupación para todos aqueles que actúan dentro das marxes que marcan as leis. Este tipo de problemas veñen afectando ao sector dende a súa aparición, agudizándose e empeorando en etapas nas as obras escasean. 

É por esta razón que dende o Centro Empresarial da Construcción do Barbanza tentamos inculcar nos nosos asociados a necesidade de operar respetando as normas. Cando as empresas actúan conforme ao establecido en materia de contratación, convenios, fiscalización e demais aspectos lexislativos, tanto traballadores coma empresarios, e mesmo consumidores, vense beneficiados.

O CECB pon á súa disposición neste espazo da nosa web a principal normativa no que atinxe aos campos fiscal e laboral. Con esta aposta por un sector respetuoso coa lexislación vixente, dende a asociación pretendemos que o traballador comprenda a importancia que as normas poden ter para a súa saúde e calidade laborais. Ao mesmo tempo, queremos tamén sensibilizar ao empresariado con esta cuestión, para que sexa consciente de que a lexislación non é unha traba para o seu negocio. Cumprir coa lei aporta ás entidades un selo de calidade, confianza e garantía para afianzarse e consolidarse nos mercados como organismos caracterizados pola súa seriedade.

2008, CENTRO EMPRESARIAL DA CONSTRUCIÓN DO BARBANZA