RSS
Imprimir

PREVENTIVA

Dende a súa creación, o Centro Empresarial da Construcción do Barbanza emprendeu unha dura loita para gañarlle a batalla á sinistralidade laboral. Un dos exemplos máis claros nos que se materializan os esforzos que o CECB realiza neste sentido, é a Feira Preventiva.

Esta configúrase como un acontecemento de carácter bianual que, en cada edición, recibe a visita de diferentes axentes sociais. Personalidades da política local e autonómica, representantes do tecido empresarial galego e demais membros da sociedade interesados en materia de prevención de riscos; teñen nesta Feira a oportunidade de achegarse ás últimas novidades de cara a conseguir melloras na calidade e seguridade laborais.

Celebrada en Ribeira, as actividades e información subministrada grazas á realización deste evento, teñen como finalidade primordial sensibilizar a empresarios e traballadores, así como á sociedade no seu conxunto, da importancia de cumprir coas normas que combaten a sinistralidade.  Desta maneira, Preventiva, acontecemento único na provincia coas súas características e un dos máis importantes de Galicia, convértese nun punto de contacto directo entre o mundo laboral e a máis estricta actualidade sobre a PRL.

 

2008, CENTRO EMPRESARIAL DA CONSTRUCIÓN DO BARBANZA