Defensa dos lexítimos intereses empresarios e promotores na comarca do Barbanza
A identidade dun sector
O Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) inicia a súa actividade no ano 2001, actualmente esta entidade está composta por 84 empresas e autónomos pertencentes aos diversos colectivos do sector da construción.
A idea de crear unha asociación empresarial, vén dada pola constante evolución que se estaba realizando en todos os sectores sociais e económicos. A construción non é unha excepción, polo que a súa renovación faise necesaria.
A finalidade da asociación é transformar e impulsar o sector da construción da comarca. Para iso, debemos conseguir do empresariado, a confianza e a responsabilidade común nas contratacións, na seguridade, na calidade e na competencia.
SeguridadeFuncionamiento
O CECB dispón dunhas oficinas onde se prestan distintos servizos de asesoramento dos socios ademais de atención ao público que desexe información, ou coñecer os nosos proxectos.
Así mesmo no 2010 construíuse a Sede Social do Centro Empresarial da Construción do Barbanza nun terreo da propiedade da Asociación no Polígono de Xarás, nº 64.
Este edificio ademais do seu fin específico, conta con aulas formativas onde realizar un ensino profesional dirixido ás demandas do sector, o cal se encargaría de absorber esa man de obra produto da formación conseguida no centro.
As nosas instalacións
As instalacións constan de:
- Taller de Construción cunha superficie de 193 m2 (zona para realizar exposicións, práctica de cursos, talleres …)
- Sala de Actividades de Coordinación cunha superficie de 33 m2.
- Servizos Hixiénicos e duchas adaptados a persoas con mobilidade reducida.
- Despacho de Dirección.
- Sala de Profesores.
- Sala de Dirección.
- Secretaría.
- Aulas de Formación
A Asociación está formada por empresas e autónomos que pertencen ou desenvolven a súa actividade no mundo da construción e sectores afíns.
En cada sector hai un grupo de traballo propio, que analiza os seus problemas específicos, formulando solucións ou propostas á xunta directiva, a cal será a encargada de efectuar as xestións oportunas.
Coñécenos un pouco mellor
Convértete en fan en Facebook
Atópanos en FacebookContacte connosco
Contacte co Centro Empresarial da Construcción do Barbanza para solicitar máis información.