Formación e contratación para asociados en Ribeira
Formación
No Centro Empresarial da Construción do Barbanza ofrecemos formación gratuíta a todos os asociados e os seus traballadores. De feito, desde que naceu o CECB formáronse máis de 2840 alumnos nos 162 cursos que se impartiron en todos os concellos do Barbanza, nunha totalidade de 7200 horas de formación que recibiron os asociados.
Próximamente comezaremos uns cursos para xente desempregada, no ano 2005 organizamos 2 cursos para xente desempregada, un de albanel de 1150 horas e outro de instalacións eléctricas, novas tecncologías de 280 horas.
Tríptico de dereitos e obligacións do promotor
DESCARGARContratacións
Sen pretender que o local da asociación sexa unha oficina de colocación, coidamos que a bolsa de emprego do CECB ben pode ser unha canle onde se xunten tanto as demandas como as ofertas de traballo e onde o contacto directo entre empresarios e traballadores leve un entendemento profesional apropiado entre as dúas partes.
Actualmente temos inscritas 153 demandas de solicitantes de emprego, das cales 145 conseguiron traballo cos nosos asociados, desde oficiais de 1ª, como peóns de albanel, electricistas, carpinteiros, administrativos, fontaneiros...
Desde xuño do 2005 ata o 2009 o Centro Empresarial da Construción do Barbanza, (CECB), tivo un Orientador Laboral para levar a Bolsa de Emprego do Centro, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar.
Contacte connosco
Contacte co Centro Empresarial da Construcción do Barbanza para solicitar máis información.