Centro Empresarial da Construcción do Barbanza
Icono del horario

De luns a venres

09:00 a 14:00
Icono del telefono

Contacta connosco

981 874 647

Cursos de prevención de riscos laborais en Ribeira

O CECB pretende sensibilizar a actitude dos seus socios sobre a seguridade no traballo e a calidade das obras, solicitándolles unha vontade clara para mellorar cada día estas condicións.

Leváronse a cabo campañas de concienciación sobre a prevención de riscos laborais baseada na difusión nos distintos medios de comunicación dos requisitos necesarios para facer unha construción de calidade con seguridade e legalidade, ademais de editar un manual que servirá para dar a coñecer a normativa mais importante en materia de prevención.

Cursos de técnico en prevención de riesgos laborais

Entre os obxectivos que ten o Centro atópase o de contribuír á mellora e promoción da Prevención de Riscos Laborais dentro do sector de construción, neste campo dicir que levamos impartidos máis de 90 cursos de Técnico en Prevención de Riscos Laborais enfocados os traballadores que vaian desempeñar a labor de Traballador Designado na empresa, segundo o Art. 12 do R.D. 30/1997.

Tamén impartimos por primeira vez no Barbanza o curso de Técnico en Prevención de Riscos Laborais Nivel Intermedio (300 horas).

O Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB), dentro do proxectado na campaña de mellora e prevención de atallar o problema da competencia desleal que hai no Barbanza, mantivo unha reunión o 11 de Xuño na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais onde se chegou a un acordo de colaboración na campaña de seguridade de traballo nas obras e contra a competencia desleal.

Contacte connosco

Contacte co Centro Empresarial da Construcción do Barbanza para solicitar máis información.